{"id":1034,"date":"2024-01-30T17:19:44","date_gmt":"2024-01-30T16:19:44","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=1034"},"modified":"2024-01-30T17:19:44","modified_gmt":"2024-01-30T16:19:44","slug":"gabinete-de-crise","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2024\/01\/30\/gabinete-de-crise\/","title":{"rendered":"Gabinete de crise"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 56 - Gabinete de crise\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/MUFVO4iSu3Q?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Aparece a mi\u00fado nos filmes de tem\u00e1tica pol\u00edtica ou hist\u00f3rica. Confronta \u00e1s personaxes entre si, coa s\u00faa entorna e, o que \u00e9 m\u00e1is importante, cos conflitos centrais da trama. \u00c9 un tipo de escena que, a priori, pode parecer m\u00e1is funcional que creativo, incluso soa tedioso: o gabinete de crise, a xuntanza urxente na que un determinado n\u00famero de persoas \u2014\u00e1s que se lles presup\u00f3n certo poder sobre un determinado eido, sexa un pa\u00eds, un partido, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2023\/09\/05\/imos-no-mesmo-barco\/\" data-type=\"post\" data-id=\"588\">un barco<\/a>, unha empresa, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/05\/04\/a-clase-obreira\/\" data-type=\"post\" data-id=\"452\">unha masa de traballadoras<\/a> ou unha familia\u2014 se xunta a tomar unha, nun momento cr\u00edtico, unha decisi\u00f3n de risco que comportar\u00e1 unhas ou outras consecuencias importantes para as personaxes e para a trama. En resumo: un feixe de personaxes sentados arredor dunha mesa a falar. <\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"576\" src=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/p27339_i_h10_aa-1024x576.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1039\" srcset=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/p27339_i_h10_aa-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/p27339_i_h10_aa-300x169.jpg 300w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/p27339_i_h10_aa-768x432.jpg 768w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/p27339_i_h10_aa-1536x864.jpg 1536w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/p27339_i_h10_aa.jpg 1920w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Narrativamente, claro que podemos intu\u00edr a urxencia e a importancia da conversa: vaise tomar unha decisi\u00f3n que afectar\u00e1 \u00e1s nosas personaxes e avanzar\u00e1 de xeito determinante unha trama. Por\u00e9n, a nivel puramente est\u00e9tico, non falamos dun concepto moi atractivo. As personaxes ocupan un lugar fixo, non se moven do seu asento, e s\u00f3 falan e ollan, falan e ollan, falan e ollan.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1 falta de dinamismo e acci\u00f3n debemos engadirlle o risco de excedernos coa <em>exposici\u00f3n<\/em>, \u00e9 dicir, deixar \u00e1s personaxes explicar cousas que son claramente dirixidas a dar datos en cr\u00fa \u00e1 audiencia. Entra en conflito directo coa m\u00e1xima <em>mostra, non contes<\/em> que nos insta a trasladar a m\u00e1xima informaci\u00f3n posible ao plano puramente audiovisual, sen delegar no di\u00e1logo como \u00fanico recurso para ilustrar a trama. <\/p>\n\n\n\n<p>Precisamente polo dif\u00edcil que \u00e9 de acometer con destreza, esta escena arquet\u00edpica par\u00e9ceme moi interesante, no senso no que esixe piares moi s\u00f3lidos para converterse nunha escena maxistral: un gui\u00f3n sen f\u00edsgoas, actuaci\u00f3ns precisas e cribles at\u00e9 no m\u00e1is sutil, dominio do subtexto por parte das int\u00e9rpretes, e un traballo de c\u00e1mara e posterior montaxe capaz de manter a nosa atenci\u00f3n durante toda a duraci\u00f3n da escena. Algunhas cineastas deciden manter \u00e1s s\u00faas personaxes en movemento, ergu\u00e9ndose e sentando, cami\u00f1ando arredor dunha mesa, ante a presi\u00f3n de tomar unha decisi\u00f3n. Tr\u00e1tase de imbu\u00edr, a trav\u00e9s dos factores que acabo de describir, <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"410\">a sensaci\u00f3n de tensi\u00f3n e urxencia<\/a> que merece o conflito a resolver. <\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter is-resized\"><img decoding=\"async\" width=\"512\" height=\"288\" src=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/image.jpeg\" alt=\"Margin Call | Harmonica Cinema\" class=\"wp-image-1041\" style=\"width:682px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/image.jpeg 512w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/image-300x169.jpeg 300w\" sizes=\"(max-width: 512px) 100vw, 512px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p>Xa demos tam\u00e9n outra das claves: adem\u00e1is de falar, os suxeitos ollan. E a trav\u00e9s desas olladas, das reacci\u00f3ns ao que din outras personaxes, obtemos moita m\u00e1is informaci\u00f3n da que nos dan as verbas. Unha personaxe pode ficar calada durante toda a xuntanza e, no seu silenzo, l\u00e9mola como un libro aberto. Podemos manter \u00e1s personaxes sentadas na mesma posici\u00f3n, que a trav\u00e9s das s\u00faas olladas, xestos, complicidades e silenzos, atoparemos o ritmo interno que evoca a tensi\u00f3n e a urxencia do conflito a tratar.<\/p>\n\n\n\n<p>Falando de posici\u00f3ns, existe unha relaci\u00f3n evidente entre a posici\u00f3n de cada personaxe \u2014<a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2022\/02\/15\/o-trono\/\" data-type=\"post\" data-id=\"498\">onde e como est\u00e1 sentado<\/a>\u2014 co seu rol na trama, co poder que substenta e co lugar no que se atopa na xerarqu\u00eda do grupo representado. Historicamente, o concepto &#8220;gabinete de crise&#8221; ref\u00edrese a unha xuntanza convocada de urxencia por un xefe de estado ou de goberno para afrontar unha determinada situaci\u00f3n; por\u00e9n, aqu\u00ed falamos do termo dunha maneira un pouco m\u00e1is ampla: pode tratarse dunha reuni\u00f3n entre os <em>stakeholders<\/em> dun xornal, como en <em>Deadline \u2013 U.S.A.<\/em> (Richard Brooks, 1952), dos representantes de cada unha das grandes familias criminais de New York ou dun grupo de persoas traballadoras e sindicalistas afectados polas decisi\u00f3ns da xente que leva o capital. <\/p>\n\n\n\n<p>Por iso, as posici\u00f3ns das personaxes var\u00edan moit\u00edsimo. Neste senso, atopamos reuni\u00f3ns cunha xerarqu\u00eda m\u00e1is ou menos horizontal, situando \u00e1s personaxes nunp plano de igualdade, ou xuntanzas especificamente xerarquizadas, con personaxes \u00e1 cabeceira, personaxes que act\u00faan de voceiros dos demais \u2014habitual nos dramas obreiros\u2014, personaxes que se erguen e cami\u00f1an arredor dos membros do gabinete, nunha posici\u00f3n m\u00e1is alta, con xestos sut\u00eds e ameazadores&#8230; <\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n hai que salientar que as decisi\u00f3ns tomadas no gabinete de crise adoitan servir para facer avanzar a trama, para ben, ou para mal. Depende de qu\u00e9 tipo de personaxes estean a tomar a decisi\u00f3n, de se acertan ou fallan nas s\u00faas previsi\u00f3ns \u2014saberase m\u00e1is adiante, coas consecuencias narrativas da escena\u2014. E incluso poden tomar unha decisi\u00f3n correcta e axeitada para o problema que se lles presenta, mais&#8230; e se <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0266425\/\">o problema en cuesti\u00f3n se trata da maneira m\u00e1is eficiente de levar a cabo un xenocidio<\/a>? De aqu\u00ed o interese do arquetipo que nos ocupa; como todo, ten <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/10\/05\/nocturno-no-2-o-refuxio\/\" data-type=\"post\" data-id=\"477\">as s\u00faas luces<\/a> e <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/09\/21\/nocturno-no-1-as-tebras\/\" data-type=\"post\" data-id=\"475\">as s\u00faas sombras<\/a>. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"561\" src=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/0_uh6otvvyy7ljq5f4.webp\" alt=\"\" class=\"wp-image-1040\" srcset=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/0_uh6otvvyy7ljq5f4.webp 1000w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/0_uh6otvvyy7ljq5f4-300x168.webp 300w, https:\/\/kinocubecinema.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/0_uh6otvvyy7ljq5f4-768x431.webp 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>O feito de que filmes como <em>Conspiracy<\/em> (Frank Pierson, 2001) ou <em>12 angry men<\/em> (Sidney Lumet, 1957) logren ocupar toda a s\u00faa metraxe, ou a maior parte dela, cun grupo invariable de personaxes, nunha soa localizaci\u00f3n, nunha xuntanza de elevada tensi\u00f3n dram\u00e1tica; e filmes como <em>Dr. Strangelove&#8230;<\/em> (Stanley Kubrick, 1964), sexan capaces converter a situaci\u00f3n nunha s\u00e1tira do absurdo que pode ser a xeopol\u00edtica \u2014&#8221;<em>You can&#8217;t  fight in here, this is the War Room!<\/em>\u2014 di moito do poder do cinema para reflectir, parodiar, advertir e desvelar o dif\u00edcil que \u00e9 para n\u00f3s, como sociedade, sentar a falar e tomar unha decisi\u00f3n. Para ben, ou para mal. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aparece a mi\u00fado nos filmes de tem\u00e1tica pol\u00edtica ou hist\u00f3rica. Confronta \u00e1s personaxes entre si, coa s\u00faa entorna e, o que \u00e9 m\u00e1is importante, cos conflitos centrais da trama. \u00c9 un tipo de escena que, a priori, pode parecer m\u00e1is funcional que creativo, incluso soa tedioso: o gabinete de crise, a xuntanza urxente na que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1038,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,236,234,123,237,218,235],"class_list":["post-1034","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-crise","tag-escenas","tag-personaxes","tag-politica","tag-tramas","tag-xuntanza"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1034","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1034"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1034\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1042,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1034\/revisions\/1042"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1038"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1034"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1034"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1034"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}