{"id":1018,"date":"2024-01-09T20:36:49","date_gmt":"2024-01-09T19:36:49","guid":{"rendered":"https:\/\/kinocubecinema.com\/?p=1018"},"modified":"2025-03-21T14:07:13","modified_gmt":"2025-03-21T13:07:13","slug":"a-neve-calla","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2024\/01\/09\/a-neve-calla\/","title":{"rendered":"A neve calla"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Estreamos a nova tempada coma sempre, en Xaneiro, en plena invern\u00eda, cun fr\u00edo que nin o demo para. Agardamos que coas temperaturas tan baixas, polo menos caian unhas folerpas de neve, a\u00ednda que sexa pola novidade. <\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"Kinocube Ep. 55 - A neve calla\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/VBFBEl4D4F4?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Mais a\u00ednda que as <em>brancas festividades<\/em> e os <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/tag\/recomendacions-de-inverno\/\" data-type=\"post_tag\" data-id=\"210\">arquetipos propios do Nadal <\/a>nos remitan a escenas amables de crianzas, leas de b\u00f3las de neve, trineos e abrigos amorosos, non se pode negar que a neve, como calquera outro fen\u00f3meno natural, comporta certo perigo. Por unha banda, os arrefriados e a propagaci\u00f3n de virus maliciosos \u2014f\u00e1lase estes d\u00edas de <em>tridemia<\/em> ou pandemia triple de Influenza, VRS e Covid. Vaia mala sorte!\u2014 que para alg\u00fans s\u00f3 ser\u00e1 unha molestia, mais pode chegar a ser fatal para persoas dentro de grupos de risco. <\/p>\n\n\n\n<p>A situaci\u00f3n no s\u00e9culo XIX e a principios do XX <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/12\/mar-e-perigo\/\" data-type=\"post\" data-id=\"406\">era a\u00ednda m\u00e1is cr\u00edtica<\/a>. A tuberculose e outras enfermidades hoxe erradicadas cobr\u00e1base moitas m\u00e1is v\u00edtimas, incluso en idades moi temper\u00e1s, e unhas febres collidas \u00e1 intemperie pod\u00edan complicarse con moita m\u00e1is facilidade. A invern\u00eda levou por diante moitas persoas maiores e infantes, e incluso xente na flor da vida, e era obxecto de respecto. <\/p>\n\n\n\n<p>Por outra banda, a neve pod\u00eda ser un obst\u00e1culo para as comunicaci\u00f3ns, os transportes e a vida coti\u00e1 en xeral. Non son alleos na mi\u00f1a familia os contos sobre illamentos que duraban d\u00edas, racionando o alimento e traballando arreo por facer un cami\u00f1o cando fose posible. E ai de ti que te pillara a tormenta de neve de cami\u00f1o! A falta de visibilidade, o fr\u00edo penetrante e a posibilidade de conxelar e perder algunha extremidade eran riscos moi reais. De feito, en moitos filmes, util\u00edzase este arquetipo como un obst\u00e1culo para a acci\u00f3n, como un atranco ou como un elemento para xerar tensi\u00f3n: &#8220;chegar\u00e1 a tempo a protagonista?&#8221;, &#8220;Conseguir\u00e1 avanzar polo cami\u00f1o correcto, ou caer\u00e1 por un barranco?&#8221; <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/2021\/01\/26\/correde-insensatos\/\" data-type=\"post\" data-id=\"410\">&#8220;salvarase da persecuci\u00f3n?&#8221;<\/a> &#8220;Que dif\u00edcil o ten!&#8221;. <\/p>\n\n\n\n<p>Como outros arquetipos baseados en <a href=\"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/tag\/fenomenos-naturais\/\" data-type=\"post_tag\" data-id=\"217\">fen\u00f3menos naturais<\/a>, a neve que cae pode conter valores positivos ou negativos, dependendo das circunstancias. Mais \u00e9 habitual atopala vinculada ao inverno cr\u00fa, cruel e inclemente nas s\u00faas representaci\u00f3ns do cinema mudo e do cinema cl\u00e1sico at\u00e9 mediados do s\u00e9culo XX. Contando excepci\u00f3ns, por suposto, pois tam\u00e9n existen imaxes amables das nevaradas tam\u00e9n naquela \u00e9poca. As crianzas \u2014e as persoas adultas\u2014 disfrutan da neve cando calla, xogando con ela a lanzala e a esculpir figuras \u00e1 s\u00faa imaxe e semellanza. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-4-3 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"1896 - Snowball Fight\" width=\"800\" height=\"600\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/CfofqcvOObw?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Calquera dir\u00eda que a neve \u00e9 dif\u00edcil de conseguir, sobre todo nun estudio como os de antano, dos anos 30 ou 40, nun tempo no que se evitaban os exteriores. Os focos primitivos xeran calor, o persoal da rodaxe ao pasar e respirar xera calor&#8230; e a neve non se leva moi ben coa calor. A isto p\u00f3deselle sumar a intensa luz branca da neve, que reflicte todo o espectro lum\u00ednico podendo <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Photokeratitis\">ocasionar danos \u00e1 vista das persoas<\/a> e, por suposto, grandes dificultades \u00e1 hora de rodar, polo menos con pel\u00edculas anal\u00f3xicas. <\/p>\n\n\n\n<p>Mais a xente do cinema \u00e9chenos moi creativa e sempre atopou maneiras de simular a ca\u00edda suave mais ca\u00f3tica das folerpas sobre as nosas personaxes, tratando de non constipar aos int\u00e9rpretes no proceso. Das m\u00e1is imaxinativas: misturas de azucar, xab\u00f3n, auga e di\u00f3xido de carbono para <em><a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0038650\/\">It&#8217;s a Wonderful Life!<\/a><\/em> (Frank Capra, 1946), sal e fari\u00f1a en <a href=\"https:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0015864\/\">The Gold Rush<\/a> (Charles Chaplin, 1925), <em>corn flakes<\/em> pintados de branco, algod\u00f3n, p\u00f3 de m\u00e1rmore&#8230; E a peor soluci\u00f3n, utilizada en varios sets f\u00edlmicos como o de <em><a href=\"https:\/\/movieweb.com\/wizard-of-oz-snow-asbestos\/\">The Wizard of Oz <\/a><\/em>(Victor Fleming, 1939): o amianto. A\u00ednda bo \u00e9 que hoxe en d\u00eda sabemos dos seus riscos!<\/p>\n\n\n\n<p>Na actualidade existen produtos moi espec\u00edficos, biodegradables e non t\u00f3xicos para os seres humanos, que se combinan con soluci\u00f3ns m\u00e1is caseiras, como o pode ser completar a paisaxe nas distancias longas con alfombras brancas que xa se afinar\u00e1n en posproduci\u00f3n. E, por suposto, existen posibilidades que comportan o uso de simulaci\u00f3ns e imaxes xeradas por ordenador, ou CGI. <\/p>\n\n\n\n<p>O importante, como sempre, \u00e9 que aporte un certo significado ou axude, polo menos, a avanzar a trama ou a co\u00f1ecer a fondo un contexto. A hostilidade dunha tormenta de neve pode falarnos da furia dunha personaxe ou da traxedia que carga sobre os seus ombreiros; a vasta paisaxe despois da nevarada, deserta e calada, p\u00f3denos remitir \u00e1 soidade e \u00e1 desesperanza. A neve callada at\u00e9 os pomos das portas f\u00e1lanos de illamento, de estar case &#8220;afogados at\u00e9 o pescozo&#8221;, de premura e de frustraci\u00f3n. E, por suposto, a neve dende o fogar c\u00e1lido e acolledor \u00e9 m\u00e1is benvida. A contraste, como sempre, aporta unha riqueza tem\u00e1tica marabillosa. O son dos p\u00e9s a cruxir na neve m\u00e1is grosa, o trineo e as crianzas, os animais dom\u00e9sticos de pelaxe mesto, conf\u00f3rtannos e tr\u00e1enos bos recordos de infancia. E, que demo, a neve caendo en si mesma \u00e9 preciosa!<\/p>\n\n\n\n<p>Se ten que nevar, que neve. Pero que sexa neve de verdade, da que calla e logo se evapora, nun ciclo perpetuo e necesario para a vida. Que non sexa sal, fari\u00f1a, <em>corn flakes, <\/em>amianto nin pellets. <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estreamos a nova tempada coma sempre, en Xaneiro, en plena invern\u00eda, cun fr\u00edo que nin o demo para. Agardamos que coas temperaturas tan baixas, polo menos caian unhas folerpas de neve, a\u00ednda que sexa pola novidade. Mais a\u00ednda que as brancas festividades e os arquetipos propios do Nadal nos remitan a escenas amables de crianzas, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1023,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[16],"tags":[8,233,217,211,117,219],"class_list":["post-1018","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-episodios","tag-cinema","tag-clima","tag-fenomenos-naturais","tag-frio","tag-inverno","tag-natureza"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1018","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1018"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1018\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1024,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1018\/revisions\/1024"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1023"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1018"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1018"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/kinocubecinema.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1018"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}